PARABÉNS, PAWLEY

E o gañador do mellor blog noutras linguas constitucionais do Estado é ............ Días Estranhos. As miñas felicitacións, Pawley. Alén diso, as nosas felicitacións ós blogs galegos finalistas: Mensaxe nunha botella e VACA. O blogmillo, máis que nunca, está que ferve.
ASÍ OPINAN OS NOSOS BLOGUEIROS: Vaca (1,), Pawley(1), Si home si.
ADDENDA:
12/04/2006: Entrevista de Vieiros ó premiado Martin Pawley.


4 Comentarios:
Moitas grazas, boedense. E por curiosidade... que se ve na imaxe que ilustra o post?
Ademais de ao Pawley, tamén destacaria As uvas na solaina (en tan pouco tempo na rede, penso que xa acadou uma linha própria de moi boa calidade, tanto nos textos como no aspecto gráfico).
E ainda que, ultimamente, apenas sigo mais que A canción do náufrago, Si home si, Cabaret Voltaire, Brétemas e mais o presente, tamén votaria:
ovnis e isoglossas e O Reverso, ademais das ligazóns na bitácora, e de moitos outros que atopo por ai e que despois perdo de vista.
A teor do que me contas, galeidoscopio, non estaría mal organizar I Festa do Blogmillo, con premios nas diferentes categorías e algunhas actividades complementarias. Que opinades vós?
Eu non gosto dos prémios, mas non tenho nada en contra cando poden server para dar pulo ao que o precisa. Ou cando son desmitificadores (gostara do "A tutti churrasco" que argalhara o Reixa na sua república).
Saúde e boas férias para quen poda desfrutar delas.
Enviar um comentário
Links to this post:
Criar uma hiperligação
<< Home