DÍA DO LIBRO

Chega novamente o 23 de abril, o Día Internacional do Libro. Son múltiples os actos que se celebran arestora en diferentes partes do Estado español e no universo blogueiro para celebrar esta data especial: o ingreso do escritor chairego Darío Xohán Cabana na Real Academia Galega (RAG), iníciase a lectura colectiva en homenaxe a Lois Tobío en Viveiro e os libreiros de case toda Galicia sacan os seus postos á rúa. Mais, como recólle Brétemas, non tódalas corporacións locais acollen co mesmo fervor este entusiasmo polos libros. Os argumentos da nosa "benquerida" alcaldesa viguesa para prohibir esta medida estriban na salvagarda defensa da "seguridade pública". ¿Acaso non había tal concentración de xente con motivo dos actos da Volvo Ocean Race? ¿Por que non se lembrou no transcurso dese acontecemento con igual intensidade da "seguridade pública"? Dende esta páxina, insto á señora alcaldesa a que diga a razón de fondo de tan sorprendente actuación. Non nos deixamos enganar. Simplemente diga a verdade se ten a afouteza necesaria.


3 Comentarios:
Non te mates. Non vai contestar. Como vigués, sinto vergonza e carraxe. Apertas.
Que susto levei coa foto...!! Pensei que me confundira de blog!! XDD
Xa sabes, Lauridinha, que Corina Porro é o meu amor platónico, aínda que o sei disimular moi ben. ;)
Enviar um comentário
Links to this post:
Criar uma hiperligação
<< Home