.comment-link {margin-left:.6em;}

BOEDENSE

A bitácora de Boedense fai dous anos. ¡Como pasa o tempo! P. S: Mudeime a http://www.blogoteca.com/boedense

Segunda-feira, Março 27, 2006

O PODER DO VENTO


Os fortes temporais das últimas semanas causaron danos "irreparables" na nosa terra, como é o caso da praia de Orzán (A Coruña). Os refachos de vento de 70 km/h provocaron o desprendemento do teito do Coliseum da Coruña. Unha grande perda, sen dúbida. Pero ese feito non é o peor. Por desgraza, tamén sucumbiu o último legado de Paco Vázquez: a macrobandeira española. ¿Será este o ocaso definitivo do ex-alcalde? De nada serviron os seis policías que vixiaban noite e día os 25 metros cadrados de tea. Quizais haberá que sancionalos por non "cumprir fielmente coa súa obriga"¿Serán os policías secuaces do BNG? Ante a magnitude da traxedia, eu aconséllolle ó alcalde herculino que faga unha colecta entre os seus conveciños para repara-la catástrofe descomunal.

Mentres tanto, tamén se poderá culpar das atrocidades da forza eólica ó BNG, a ERC, ó vento antiespañol ou a quen faga falta. ¿Será esta unha metáfora da "España rota"?

Ante esta lamentable perda só me veñen á cabeza as palabras de Felipe II logo do fracaso da Armada Invencible: "Non enviei ós meus barcos a loita contra os elementos", máxime cando os elementos teñen unha forza 6 e sopran a 70 km/h e unha bandeirola ousa desafialo.

O BLOGMILLO OPINA: VACA, Si home si, O ollo da vaca, Días estranhos, Si home si

2 Comentarios:

At 16:03, Blogger galeidoscopio said...

Como podes ver, hai razóns para ser optimista e crer na xustiza.

 
At 16:17, Blogger FEDERICO said...

A forza do vento fixo xustiza. Mais case nos pilla debaixo ós de Ovaral e de Paradiso105. Que tivemos que saír correndo, pero aínda nos quedou tempo para gravar un anaco de vídeo. Que polo visto xa é primicia no blogomillo. Saúdos.

 

Enviar um comentário

Links to this post:

Criar uma hiperligação

<< Home