DEREITO A MORRER EN GALEGO

Case tódolos activistas lingüísticos reivindican o seu "dereito a vivir en galego", mais aínda non escoitei a ninguén que defendese tamén o "dereito a morrer en galego". A morte non é senón unha fase da vida. Pero non vos preocupedes, estimados lectores, pois non imos neste espazo facer unha reflexión pseudofilosófica sobre ámbolos conceptos.
Hai uns días lin unha noticia que me impactou a primeira vista: só o 0.1 % das lápidas funerarias de Galicia están na nosa lingua. Para paliar este déficit, os gobernos municipais da Cañiza, O Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Soutomaior subvencionará aos veciños que se decidan a emprega-lo galego nos seus epitafios. Agora poderemos descansar en paz.
O BLOGMILLO OPINA: A canción do náufrago.


8 Comentarios:
impresionoume a foto. Leva o nome da miña nai.
Apertas!
E dereito a non morrer en galego.
Obrigado pola visita, Boedense, e parabéns polo aniversário.
...ó mellor era preferible actuar sobre os marmolistas, canteiros,...
...a vez que tiven que "lidiar" con eles, teñen catálogos con centos de modelos predeseñados... pero en ningún momento puxeron ningunha traba, na intención de facer os textos en galego...
...o que non sabía era que formabamos parte dunha minoría... outra...
Unha minoría moito máis minoritaria aínda que os propios falantes de galego: basta ver o número de esquelas publicadas en galego. Cando aparece algunha case seguro que se trata dun parente dun militante galeguista ou dun escritor ou algo así. Supoño que este acordo dos concellos de Pontevedra é continuación da campaña "Galegos de por vida" que asinaramos centos de galegos hai uns anos (no 2002, creo). Pero era un tema que quedara parado. O novo goberno tamén podía actuar neste sentido, sequera con algunha campaña a favor de galeguizar a morte que, de certo, non é máis que unha parte da vida (e é moi importante, seino por unha experiencia recente, escoitar o noso idioma tamén neses difíciles momentos)
Para TORREDEBABEL: A escolla da foto foi casual. Lamento a coincidencia do nome da lápida co da túa nai. Un saudiño e grazas polos comentarios
Para GALEIDOSCOPIO: Moitas grazas polas túas felicitacións. Farei acto de presenza no teu blog con frecuencia ;)
Suponho que os comentários que deito no meu blog non dan pé moitas veces ao retruque, mas toda a xente con calquera opinión é benvinda, xa que logo. E obrigado eu pola visita e pola ligazón.
Moi boa iniciativa!!
Enviar um comentário
Links to this post:
Criar uma hiperligação
<< Home